A RúaConcellosÚltima hora

Volven os “paseos con historia” pola Rúa

A Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa organiza para o 22 de maio unha andaina que parte da igrexa de Santo Estevo

Interior da Igrexa de Santo Estevo nun acto de Semana Santa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende o 2 de maio está de novo aberta a Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa e na vindeira semana comezan as actividades de verán. E fano cun novo capítulo de “Paseos con historia”, centrado nesta ocasión na Igrexa de Santo Estevo, na Rúa Vella.

De aí saíra o vindeiro domingo 22 de maio ás 11 horas a andaina na que os guias contarán aos asistentes relatos da Rúa Vella. “Falaremos da igrexa e das historias descoñecidas dalgúns personaxes que foron importantes na Rúa”, adiantan dende a oficina de turismo, engadindo que igual que nas anteriores saídas, rematarán o pasei catando viños, desta volta de Adega Aristegui.

 

Artigos relacionados

Back to top button