CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Wilker incorpórase ao equipo sénior do CD Rúa

Os amarelos vaían 1-5 ante o CD Seixalbo no partido disputado na tarde deste domingo 19 de novembro

 

No fútbol, os resultados dependen nunha alta porcentaxe da técnica e do xogo, pero a sorte e as decisións arbitrais tamén son factores a ter en conta e nesta tempada os dous últimos non están indo a favor do CD Rúa. E para mostra o resultado colleitado na tarde deste domingo 19 de novembro en casa, no campo Vicente Solarat Maceda onde caían 1-5 ante o CD Seixalbo.

Logo de varios intentos por parte de ámbolos dous equipos, eran os do Seixalbo os que se adiantaban no marcador co primeiro gol da tarde no minuto 31, chegando ao descanso co 0-1. Tralo paso polo vestiario, Álex empataba o encontro co gol local no minuto 48, pero a partir dese momento os visitantes marcaban sen parar ata chegar ao 1-5 xa no tempo de desconto.

Actualmente o CD Rúa conta con varias baixas no plantel pero a nota positiva da xornada era a incorporación dun novo xogador, Wilker, e a recuperación de Brais Meco, lesionado hai un mes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button