En portadaÚltima hora

X edición da Festa do Codillo, o 28 de xaneiro na Rúa

Mañá 18 de xaneiro póñense á venda as entradas da festa na que serán homenaxeados Luis Morillo, Adrián Blanco e o colexio Manuel Respino
Servindo o codillo na pasada edición da festa gastronómica da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá, 18 de xaneiro a partires das 9 horas, poranse á venda no Concello as entradas para a X Festa do Codillo que se celebrará o sábado 28 de xaneiro no pavillón polideportivo municipal. Aí terá lugar o xantar a partires das 14:30 horas pero dúas horas antes no Centro Cultural Avenida desenvolverase o acto de recoñecemento aos homenaxeados desta edición: o Grupo Escolar Manuel Respino no seu 50º aniversario; e aos deportistas Adrián Blanco Antelo e Luis Morillo pola excelencia deportiva nos campos do pádel e do tenis respectivamente.

Coma sempre, o menú do xantar popular no pavillón estará formado por consomé, chourizo, codillo, grelos, cachelos, bica, pan, viño, café e licores, amenizado musicalmente polo Trío Salero. Os asistentes poderán levar a casa a cunca como agasallo.

 

Asistentes á pasada edición da Festa do Codillo da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

E xa a partires das 19 horas, un ano máis Pándega e un grupo convidado amenizarán os cantos de taberna polos establecementos hostaleiros da vila.

As entradas poderán reservarse para grupos a partires de 8 persoas.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button