SanidadeÚltima hora

Xa está en funcionamento no Hospital de Valdeorras a nova resonancia móbil

 

O Hospital Público de Valdeorras acolle desde hoxe o novo equipo de resonancia magnética móbil, para dar acceso a esta tecnoloxía diagnóstica aos usuarios do hospital comarcal, evitando así os desprazamentos para realizar estas probas noutros hospitais.

A súa adquisición forma parte da potenciación e modernización destes equipos, e supón un orzamento que supera os 3.000.000 de euros, que se iniciou en 2018, continuou o pasado ano 2021 coa adquisición da que hoxe está situada no Barco, e rematará este mesmo ano coa compra do terceiro equipo, coa dedicación de fondos europeos transferidos a través do Plan Inveat.

Desde o punto de vista tecnolóxico, esta unidade móbil leva instalado equipo de resonancia magnética de alto campo, dos máis avanzados que existen actualmente en Galicia, con capacidade para realizar todas as exploracións posibles, desde as máis sinxelas ata as de maior complexidade, coa máxima calidade diagnóstica.

A modernización desta alta tecnoloxia diagnóstica permite acceder a unha mellora tecnolóxica como a resonancia de campo alto, ou adquirir imaxes sen desprazar aos pacientes grazas á telerradioloxía. Ademais, mellóranse os tempos de captura da imaxe e a calidade da mesma; e, así mesmo, posibilítase a colaboración e formación en rede dos radiólogos implicados.

Xunto ás melloras técnicas, os novos equipos de última xeración, aportan vantaxes en aspectos de confort, como unha maior amplitude do habitáculo onde se adquiren as imaxes, e un diámetro de imaxe de 70 cms, 10 máis que o anterior e, ademais tamén contan con dúas cabinas vestiario.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button