En portada

Xa está na rúa o número de marzo do Periódico O Sil

Portada do número de marzo do Periódico O Sil.

 

Despois dunhas intensas e completas xornadas de Entroido por toda a Galicia interior, o Periódico O Sil saca á rúa o número de marzo. Unha edición en papel que abre a reportaxe sobre o proxecto no que está traballando a Asociación para o Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea, para dotar de banda ancha ao territorio dos dez concellos que forman parte dela, co fin de dotar a veciños e empresas de ferramentas dixitais para poder avanzar mentres se manteñen no rural.

 

Artigo sobre a Festa do Botelo do Barco en Vigo.

 

Este número inclúe unha entrevista coa actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), achegando ademais citas como a Festa do Botelo en Vigo; a Feira do Lázaro en Verín; a Queima das Madamitas en Ourense; ou a celebración do Día do Pai, entre outros moitos temas.

En O SIL Deportivo poñemos o foco na nova tempada de pesca que comeza o 15 de marzo, entre outras disciplinas como fútbol, baloncesto, tenis, motor ou natación.

 

Portada do número de marzo de O SIL Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button