En portadaÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a Festa da Vitela do 19 de abril no Bolo

Tal como indican dende o Concello, pódense mercar no Bar Makoki (O Barco), no Bar 4 e na Lareira (A Rúa) e no Volobriga (O Bolo)

 

Con varias citas gastronómicas se presenta o recén estreado mes de abril, algunhas no marco da Semana Santa. É o caso da Festa da Vitela do Bolo que se celebrará o Sábado Santo, 19 de abril, no pavillón municipal a partir das 13 horas.

Igual que o ano pasado, a cita contará, ademais do xantar coa vitela como prato estrela, dunha feira de produtos tradicionais, música e a homenaxe ao “Médico das Ermidas, D. Sebastián Ricoy Otero”.

Máis información na edición en papel do Periódico O SIL, xa á venda en quioscos e librarías.

 

Artigos relacionados

Back to top button