ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Xa están á venda as entradas para a II Cea Popular das Festas de San Antón no barrio do Toural, en Viana do Bolo

A cita será o 18 de maio a parir das 21:30 horas no campo da feira

 

Sábado 18 de maio ás 21:30 horas no campo da feira de Viana do Bolo. É a data elixida pola comisión de festas para a II Cea Popular das Festas de San Antón do Toural que nesta ocasión terá un menú a base de empanada, chourizo, agulla e panceta á grella, viño e auga, bica, café e chupitos.

As entradas custan 15 euros anticipada e despois 20 euros e xa están á venda en Jorge Álvarez Estilistas, Súper Marsel e a través dos membros da comisión.

Despois da cea terá lugar a Toniño Party aberta a todo o mundo a cargo de DJ Tariro con “moita música, sorpresas, sorteos e barra ata que o corpo aguante”, adiantan dende a organización.

 

Artigos relacionados

Back to top button