ConcellosPetínÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a XXI Festa da Freba de Petín

Servindo a freba na anterior edición da festa en Petín, antes da pandemia/ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a mañá deste mércores día 9 de novembro están á venda, nas oficinas do Concello de Petín, as entradas para a XXI Festa da Freba, que se celebrará o vindeiro 3 de decembro.

As prazas son limitadas e poderán mercarse (18 euros) en horario de 9 a 14 horas.

Tras dous anos de parón, Petín recupera neste 2022 a súa tradicional festa gastronómica, mantendo o horario do 2019 (a partir das 14:30 horas) así como o suculento menú: de primeiro, consomé con picatostes e ovo cocido; de segundo, chourizo cocido con cachelos; e como prato forte, as frebas de porco á grella (ademais de viño, postre, licores e café).

 

Artigos relacionados

Back to top button