O final de curso marca cada ano a apertura das piscinas municipais da Rúa que abrían a tempada de baño na xornada deste venres 19 de xuño.
Con dous vasos para adultos e un para cativos; unha ampla zona de céspede con algunha sombra; vestiarios e o servizo de socorristas ocupado por dúas persoas, as piscinas estarán abertas durante o verán en horario de 12 a 20:30 horas.
Tamén está aberto o bar, con cociña en horario de 13:30-15:30 e 21-23:30 horas a partir de mañá. Hoxe a cociña abre ás 21 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

