DeportesÚltima hora

Xa están abertas as inscricións da XXI Volta a Valdeorras

A proba ciclista que descorre polas comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Quiroga, contará este ano con dous percorridos

Ciclistas na anterior edición da Volta a Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

É cedo para saber que pasará coa pandemia a mediados do mes de xuño, pero o tempo botábaselles enriba. Por iso, hai unha semana o Club Ciclista Valdeorras decidía abrir o prazo para inscribirse na XXI edición da Volta a Valdeorras, que se celebrará (se non hai cambios) o 14 de xuño dende Viloira (O Barco).

A marcha cicloturista con carácter competitivo, discorrerá un ano máis polas comarcas de Valdeorras, Quiroga e Terras de Trives, pero nesta ocasión e por primeira vez, contará con dous percorridos. O longo, máis esixente, terá uns 135km e 2.900m de desnivel acumulado, rematando no Alto de A Portela de 1ª categoría. O outro será máis curto, duns 119km, pero non menos esixente con 2.100m de desnivel acumulado, que terminará na praza de Viloira.

 

Cartel da XXI Volta a Valdeorras.

 

A meta, será outra das novidades desta edición da carreira que habitualmente remataba na rúa Calabagueiros, diante do pavillón. Cada participante recibirá a súa bolsa de corredor e ao rematar a marcha un bo prato de arroz con botelo. A saída será ás 8:30h. tamén dende a praza de Viloira.

As inscricións poden formalizarse en sportchip.

Artigos relacionados

Back to top button