Son 21 probas e outras tantas marabillas por descubrir. O primeiro escape room on-line do Consorcio Turismo Ribeira Sacra xa está dispoñible para a descarga. Este xogo, “especialmente creado para que grandes e pequenos xoguen aprendendo na casa neste estado de alarma”, é unha viaxe virtual por un territorio moi especial.
“Non se trata dun xogo como os de Búskalo, onde a dificultade é maior e o entramado histórico e o fío condutor son compoñentes fundamentais dunha aventura que ten lugar en diferentes escenarios do propio terreo. Neste caso, pretende estar ao alcance dos pequenos da casa, poñer sobre a mesa diversos xogos de enxeño, favorecer a diversión por riba de todo, reforzar os hábitos máis saudables que se nos recomendan dende as autoridades sanitarias e, ao mesmo tempo, coñecer recunchos da Ribeira Sacra que non sempre atopamos nas guías turísticas, pero que gañan valor por ese feito”, explica a xerente do consorcio, Alexandra Seara.
Cada equipo que descargue o xogo entrará en 3 rankings diferentes. As caracteríticas do xogo e outros detalles do mesmo explícanse no seguiente da web do Consorcio Turismo Ribeira Sacra, onde tamén se pode descargar: https://turismo.ribeirasacra.org/gl/novas/las-21-pruebas