Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Xan Trigo e Brais Rodríguez (Peña Trevinca Barco) campións galegos nas ligas O-Sprint e O-Pé

Recibirán os trofeos o vindeiro domingo 1 de decembro no concello de Culleredo (A Coruña)

O vindeiro domingo 1 de decembro, despois da celebración do Campionato Galego de Remudas por equipos mixtos, entregaranse no concello de Culleredo (A Coruña) os trofeos aos gañadores das Ligas Galegas de Orientación a Pé 2024.

Na Liga Galega O-Sprint, Xan M. Trigo Recarey (Club Peña Trevinca Barco) proclamouse campión en M55; Brais Rodríguez Cruz, do mesmo club, campión en M12; e Juan Garrido Blanco (AD Limiactiva), subcampión en M21A. Mario Morales Jiménez, da AD Limiactiva, era 3º en M18 e, tanto Xan Trigo como Brais Rodríguez, fixeron pleno de puntuación na liga.

Na Liga Galega O-Sprint o valdeorrés Brais Rodríguez Cruz facía dobrete proclamándose campión en M12; Lucas Barja Pérez da AD Limiactiva, era subcampión en M14; e Mailén Aller Pfirter do Club Peña Trevinca Barco, 3ª en F18.

 

Xan Trigo e Brais Rodríguez. /Foto cedida.

 

Ademais, tanto Martín Morales Ferreiro en Elite como Irene Morales Jiménez en F-Elite (pai e filla) lograban uns meritorios 4º postos nas súas respectivas categorías; do mesmo xeito que Juan Garrido Blanco (M21A) representando á AD Limiactiva. “No caso de Martín Morales este bo facer vese refrendado pola súa boa tempada tamén tanto nos campionatos de España, como en probas de prestixio internacional”, aseguran dende a delegación ourensá de Orientación.

Mención especial merece o orientador Xan Trigo, que leva xa dúas décadas seguidas no máis alto do podio en campionatos e ligas galegas das diversas disciplinas de O-Pé dun xeito ininterrumpido (en todas as categorías de idade) como veterano. “Este deportista aspira ademáis a acceder por terceira vez consecutiva ás finais A do Sprint no Campionato do Mundo de Veteranos Girona 2025, cita á que teñen pensado acudir varios orientadores ourensáns e que terá lugar entre o 8 e 15 de agosto de 2015, con presenza de máis de 3.500 orientadores de 40 países dos 5 continentes”, din dende a delegación.

Artigos relacionados

Back to top button