En portadaÚltima hora

Xantar 2021 pecha as portas coa entrega de premios e preto de 18.000 visitas recibidas

 

A 22ª edición de Xantar pechaba na tarde deste domingo 7 de novembro as súas portas como a primeira edición celebrada no outono e tamén como a última celebrada sen tren de Alta Velocidade-AVE, feito que supoñerá un revulsivo para Ourense, porta de entrada a Galicia.

Recibindo ao redor de 18.000 visitas e despois de falar cos expositores, a organización de Xantar decidiu que o cambio de datas haxa vindo para quedar e durante o acto de clausura o director Rogelio Martínez, anunciou xa que Xantar 2022 celebrarase entre o 9 e o 13 de novembro facéndoo coincidir coa festividade de San Martiño, “algo que converterá a Ourense nun gran polo de atracción do turismo de proximidade que agora ampliará o seu radio coa chegada do AVE”.

 

Premio Xeodestino Ribeiro-Carballiño.

 

O acto de clausura desta edición contou coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e do conselleiro do Medio Rural de Galicia, José González. O conselleiro aproveitou a súa presenza en Xantar para anunciar que en 2022 entrará no Parlamento, como proxecto de lei, a nova Lei de Calidade Alimentaria de Galicia que rexerá os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada producidos e comercializados en Galicia e que ten o objetico de posicionar a esta comunidade como referente. “Todos os produtos que nos fan sentirnos orgullosos de que sexan galegos están protexidos e somo a comunidade líder en canto a denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas refírese, un total de 36”, indicou José González.

O acto de clausura foi o momento elixido pola organización do salón para a entrega dos premios “Xantar Internacional 2021”. O Premio á Mellor Caseta Restaurante foi para o INORDE por “ofrecer un menú baseado en produtos locais de calidade 100% ourensáns que contribuíu a reforzar a imaxe esta provincia como “destino enOUgastronómico”. Tamén pola coidada posta en escena do restaurante cunha detallada decoración e unha ampla mostra de produtos. O Premio á Mellor Acción Promocional en materia de Turismo: Xeodestino O Carballiño-Ribeiro por “facer unha maridaxe enogastronómica perfecta entre o polbo do Carballiño e o viño do Ribeiro; por conseguir unir dúas comarcas para vender un só destino potente e completo; e por converter a gastronomía nun dos piares fortes da súa oferta turística”.

 

Grupo Cuevas.

 

Durante o acto central tamén foron entregados os premios da 9ª edición do Concurso de Cociña Gourmet organizado polo Grupo Cuevas. José Antonio Prada López gañou o concurso na categoría de Afeccionado coa receita con “Taco de Porco Celta”. Pola súa banda, Marta Mosquera Prada, gañou na categoría de Profesional coa súa receita “Camiño de outono”. Esta última xornada foi tamén a dedicada a agradecer aos patrocinadores e colaboradores a súa colaboración para poder levar adiante a organización desta cita que se converte un ano máis nun exemplo de cooperación público-privada. Entre os seus principais apoios contou coa administración autonómica (a través do apoio das consellerías de Turismo, de Medio Rural e de Mar); da administración provincial co apoio da Deputación Provincial de Ourense, e a local a través da Concellería de Turismo de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button