OurenseÚltima hora

Xantar acollerá o I Concurso Mellor Burger de Galicia o 26 de outubro, en Expourense

 

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebra a súa 25ª edición en Expourense entre o 24 e o 27 de outubro. Unha das actividades para festexar estas vodas de prata do salón será o I Concurso Mellor Burger de Galicia que está promovido polo chef Martín Fernández, do Restarante Bágoa de Ourense, que é o autor da Mellor Hamburguesa Gourmet de España 2024. Para poñer en marcha este concurso, que se celebrará o sábado 26 de outubro en Xantar, conta coa colaboración de Expourense e da Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO).

 

 

Este concurso está aberto a profesionais da hostalería de toda Galicia que poden incribirse no concurso ata o vindeiro día 20 de outubro. Cada participante terá que presentar unha hamburguesa inédita e orixinal, que non sexa copiada nin que xa estea incluída no menú do restaurante do participante. Os ingredientes empregados Terán que ser, nun mínimo do 80%, produtos galegos. Contará cun xurado profesional e a entrega de premios terá lugar o domingo 27 de outubro durante o acto de clausura de Xantar 2024.

Haberá 3 clasificados (1º, 2º e 3º posto) que recibirán de premios varios lotes de productos das empresas colaboradoras do Concurso (Coren, Carnes Parente, Queixos Amalia e o propio Restrante Bágoa. As bases de participación e o formulario de inscrición están dispoñibles en www.xantar.org

 

Artigos relacionados

Back to top button