Despois de 35 anos de traballo sempre no IES Lauro Olmo do Barco, a Aurentino Alonso Araújo chegoulle a xubilación.
E para celebralo, o profesor de Debuxo do instituto barquense asistía, acompañado dos compañeiros a un xantar na Adega do Peyman na Rúa, na que “lembramos moitas anécdotas compartidas”, asegura a directora do centro Amparo Quiroga, desexándolle unha “feliz e merecida xubilación”.
Fotos cedidas.



