EconomíaEconomíaÚltima hora

Xantar, música en directo e moitas sorpresas para celebrar o 1º aniversario do Escondite Inglés (A Rúa)

Será sábado 29 de marzo a partir das 12 horas e contará, entre outros, con El Patio de Leni

El Patio de Leni actuando no Escondite Inglés./ Foto cedida.

 

Tras unha longa espera, na noite do 26 de marzo de 2024, en plena Semana Santa, abría as portas na rúa Doutor Vila (A Rúa) Escondite Inglés (rock bar), un novo establecemento hostaleiro que substituía ao antigo local de copas Dipöp, reconvertido nun espazo no que tomar unha caña, escoitar música e tamén comer, con Vero e Santi á fronte.

Un ano despois e cubertas con creces as expectativas, prepárase para celebrar a festa do seu 1º aniversario. Será o vindeiro sábado 29 de marzo cun completo e intenso programa que comezará ás 12 horas cunha sesión “vermú torero” a cargo de Dj Repunante e o cocteleiro Adrián Costa. Para xantar haberá un menú especial (entremeses, churrasco, ensalada, patacas e postres) por 18 euros (bebida aparte). As entradas estarán á venda ata o xoves 27.

A sesión musical de tardeo correrá por conta de El Patrio de Leni e a da noite, de Grilo. Tamén haberá sorteos e agasallos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button