OurenseÚltima hora

Xantar preséntase en FITUR como “a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada da Península Ibérica”

Esta cita (5-9 de febreiro) apoiará a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da UNESCO e presentará máis de 150 experiencias entre as que destacan os "showcookings" de chefs de 5 países

 

Como “a única feira internacional de turismo gastronómico de España e unha das catro de turismo do país”, se presentaba en FITUR (Madrid) a 21 edición de Xantar, o Salón que se celebrará en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro, cun completo programa de actividades e unha ampla oferta en restauración.

A presentación de Xantar 2020 contou coa asistencia da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; do vicepresidente executivo de Expourense e tenente alcalde de Ourense, Jorge Pumar; do presidente da Entidade de Turismo Porto e Norte, Luis Pedro Martins; dopresidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González; da embaixadora de Costa Rica en España, Helena Ccohacón; da representante de FEMULP de Perú, Giovanna Cheglio; e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. Todos coincidiron en destacar o papel da gastronomía “como motivación turística e como a mellor ferramenta para promocionar a calidade e sostibilidade dun destino”.

Nesta edición de Xantar está confirmada a presenza de delegacións de países como México, Costa Rica, Colombia o Perú. No que respecta ás actividades, reunirá a recoñecidos chefs de 5 países que impartirán obradoiros de cociña en directo enmarcados no XV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sostible que ofrecerá ao público máis de 150 experiencias.

Outra das grandes novidades este ano será a promoción internacional da Ribeira Sacra e o apoio á candidatura de esta a ser incluída como Patrimonio Mundial de la UNESCO en 2021. Contará cun stand promocional do Consorcio de Turismo e de varios concellos desta zona, cun restaurante liderado por Parada de Sil e coa preseza do C.R.D.O. Ribeira Sacra.

Para consultar a programación de Xantar 2020 e os menús: https://xantar.org/

Artigos relacionados

Back to top button