EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Xantar punto de encontro peninsular e internacional

Entre os stands desta edición estaban representadas outras provincias españolas como Zamora e países como Portugal e Panamá

Xantar pechaba as portas da súa 18º edición na tarde do 5 de febreiro. Nela reunía 232 expositores, 15 restaurantes e 21 menús e integraba a gastronomía con outros elementos de carácter cultural, etnográfico ou mesmo natural dos territorios reunidos da mostra.

Ademais de expositores galegos, tamén se daban cita en Xantar para presentar a súa oferta gastronómica e turística provincias próximas a Ourense como é o caso da de Zamora. No seu stand podían coñecerse diversos alimentos de calidade zamoranos, ademais de tradicións ancestrais como a do Zangarrón de Sanzoles, entre outras.

Asemade contaba con presenza de seu Portugal, pero tamén outros países máis lonxanos do territorio galego como é Panamá, convidado especial nesta edición de Xantar. O salón ofrecía 200 experiencias gastronómicas e por el pasaban unhas 24.000 visitas, tanto profesionais como do público en xeral.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button