Un fermoso manto de flores recibía á Virxe diante da igrexa no mediodía do 22 de xullo. Un signo máis da devoción que teñen os veciños de Rubiá por Santa Mariña, a quen están adicadas as festas que se celebran esta fin de semana no barrio de Xeadre.
O programa arrancaba na noite do sábado 21 de xullo cunha sardiñada por xentileza da comisión de festas á que acudíu numerosa xente, con baile amenizado por A Boa Festa e hinchábeis para os máis pequenos. E xa no mediodía do domingo, as bombas anunciaban o comezo da procesión coa imaxe da santa, un longo percorrido acompañado pola Charanga Os Imparables, dende Xeadre ata a igrexa parroquial onde esperaba a alfombra floral elaborada polos fegreses. Unha tradición recuperada o ano pasado de forma máis sinxela “pero este ano fixeron unha alfombra moi elaborada”, asegura o párroco Herminio González, orgulloso da obra.
A festa continúa esta tarde con baile a partires das 21h. a cargo do grupo Nievla e hinchábeis.
Fotos: Mónica G. Bellver.