ConcellosO BarcoÚltima hora

Xincana, obradoiros e maxia no Samaín O Barcoaberto, o 29 de outubro

 

Cunha programación completa e variada, e dirixida a un público familiar e infantil, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra a súa Samaín Obarcoaberto o sábado 29 de outubro de 2022.

A campaña terá lugar na Praza do Concello, en horario de mañá e tarde co seguinte programa de actividades:
De 11:00 a 13:30 horas

Dous talleres infantís*. O equipo de Artesanía Cousanosa guiará aos participantes en dous talleres creativos nos que se realizarán faroliños-morcego e guardachuches terroríficos. Máximo 24 prazas por taller. Talleres recomendados para nenos/as a partir de 5/6 anos.
Xincana comercial*. Os participantes, nenos/as de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, deberán buscar unha caveira escondida no Barco. Para atopala percorrerán oito establecementos comerciais onde se lles entregará unha pista. A primeira persoa en atopala regresará á Praza do Concello. Esta será premiada cun VALE DE 150€ para investir no comercio local. Photocall de Samaín.

De 17:30 a 19:00 horas
Xogos de Samaín*. Os máis pequenos gozarán de diferentes xogos guiados polos nosos monitores. Máximo 30 prazas.
Pintacaras, a cargo de Escola de Artes Dalí.
Photocall de Samaín.
Carriño de flocos de millo gratis.

A partir das 19:30 horas celebrarase o espectáculo de maxia Alquimia do Mago Teto.

 

 

 

A participación na campaña será gratuíta, con todo para poder gozar dos talleres infantís, a gymcana comercial e os xogos de Samaín será obrigatorio realizar unha inscrición previa, do 24 ao 28 de outubro, na oficina do CCA O Barco presentando un ticket, por importe mínimo de 10,00€ e de compras realizadas durante o prazo de inscrición, dalgún establecemento asociado.

O prazo de inscrición ábrese hoxe luns 24 de outubro ás 12:00 horas e finaliza o venres 28 de outubro ás 15:00 horas.

Recoméndase aos participantes na campaña Samaín Obarcoaberto vir disfrazados para gozar moito máis da experiencia.

Artigos relacionados

Back to top button