ConcellosÚltima horaXinzo de Limia

Xinzo cede espazos para crear novas aulas no inicio do curso

A maioría delas están na Casa da Cultura mentres que o resto pertencen a instalacións municipais usadas para o ensino musical

Concello de Xinzo. / Foto: Facebook Concello de Xinzo.

 

O Concello de Xinzo de Limia ofrece á Xunta de Galicia máis de doce espazos para crear aulas e facilitar os desdobres de cara ao inicio do curso, no vindeiro mes de setembro. A maior parte atópanse na Casa da Cultura e xa foron revisadas polos arquitectos municipais. O resto están nas instalacións actualmente usadas para o ensino musical. Ademais, o goberno local tamén cederá todos os centros sociais das diferentes parroquias do concello, algúns deles, antigas escolas.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama asegura que farán todo o posible por facilitar estos espazos pero lembra tamén as responsabilidades do goberno autonómico que “debe facer os deberes que lle corresponde, pois é quen ten todas as competencias en materia educativa”. Así mesmo, considera imprescindible que a Xunta se faga cargo dos gastos excpecionais deste inicio de curso.

No marco do protocolo elaborado polas consellerías de Sanidade e Educación, o Concello de Xinzo de Limia terá que poñer a disposición dos centros a unha única persoa para realizar as tarefas de limpeza e desinfección ata tres veces dentro do horario lectivo. Isto afecta tanto aos CEIPs como a á gardería infantil, ao conservatorio, ás aulas de formación profesional e á escola de gaitas. Segundo cálculos da Concellería de Educación, isto suporá un custo de 100.000 euros por curso.

Esta carta chegará á Xunta de Galicia despois de que todos os grupos da corporación local aprobasen no último pleno unha moción conxunta na que pedían “dotación económica suficiente para poder dispoñer de persoal e materiais dedicados ás tarefas de limpeza, desinfección e mantemento que se marquen no Protocolo de adaptación dos centros de ensino non universitario do noso Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button