O Pádel Club Valdeorras ten aberto o prazo de inscrición para as clases que imparte a través da Valdeorras Padel Academy, cuxo comezo do curso está previsto para o 7 de outubro.
Haberá niveis, tanto en adultos como en menores, de iniciación, avanzado de competición.
Tal como explican dende a propia academia, os catro monitores cos que contan está titulados pola Federación Galega de Pádel. A maiores teñen o certificado Coach Plus de Padel MBA, unha das academias máis importantes a nivel nacional con Manu Martín (adestrador de varios deportistas profesionais) á fronte, e agora estanse formando nun curso especializado orientado a nivel avanzado e competición cun ano de duración para “garantir a aprendizaxe dos nosos alumnos”, aseguran.