CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xogaconnosco, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

A primeira xornada da convivencia da Asociación Deportiva, Educativa e Cultural Xogaconnosco discurría polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). Os 120 escolares que participaban neste encontro (de cinco centros educativos valdeorreses) realizaban unha andaina o día 16 de xuño, na que descubrían algúns dos recunchos máis fermosos deste espazo protexido valdeorrés.

Podían contemplar entre outros elementos, a súa orixe calcárea, a súa fauna e flora, con asombrosos exemplares de árbores como a Aciñeira de Covas, e tamén as singularidades dos pobos que forman parte deste parque natural. O programa deste encontro lúdico e cultural continúa o día 17 cunha ruta en bicicleta pola comarca.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button