DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Xogadores e corpo técnico do Arenteiro homenaxean a Manuel Mosquera “Esclavo”

Antes de comezar o partido ante o C.D. Choco entregábanlle unha placa e un poster do equipo

Manuel Mosquera “Esclavo” é un gran afeccionado ao fútbol, especialmente ao seu club, o C.D. Arenteiro do que é socio dende hai moitos anos. Moi querido en Espiñedo, xogadores e corpo técnico do club do Carballiño quixeron rendirlle unha pequena homenaxe “pola súa entrega co club” e na tarde do 22 de outubro, antes de comezar o encontro ante o C.D. Choco, entregábanlle unha placa conmemorativa e un póster do equipo.

Con respecto ao apartado deportivo da xornada (a 11ª en terceira división), o resultado non foi positivo para os de Manel Vázquez xa que despois de cinco xornadas invicto, o C.D. Arenteiro perdía o primeiro partido da tempada en casa. Malia comezar ganando, dez minutos de desconcerto local bastoulle ao Choco para darlle a volta o marcador.

No minuto 39, Igos Sevivas lograba o primeiro gol da tarde para os locais, rematando a primeia parte co 1-0 no marcador. Mais xa na segunda parte, os verdes dubidaron e erraron o xusto para que Óscar Comis marcase o gol do empate para o Choco e Óscar Castellano sentenciase o encontro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button