CarballedaConcellosÚltima hora

Xogos, deporte e toques de cociña, no campamento de inverno de Carballeda de Valdeorras

 

Durante estas datas festivas de Nadal estase a desenvolver en Carballeda de Valdeorras un campamento infantil de inverno. No seu decurso, os máis pequenos están a desfrutar con diversas e orixinais actividades que mesturan o lecer coa aprendizaxe. Entre elas figuran singulares talleres de froitas, tamén moito deporte (coa posibilidade de utilizar o rocódromo do pavillón polideportivo municipal) e iniciativas lúdicas e moi divertidas para os cativos.

Fotos cedidas polo Concello de Carballeda de Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button