Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Máis de 150 persoas participan na XIII Carreira e Andaina Popular do Nadal, 1 kg solidario, na Rúa

 

Uhas 150 persoas entre andarines e corredores (carreira absoluta e base) participaban na mañá deste domingo 29 de decembro na XIII Carreira e Andaina Popular do Nadal, 1 kg solidario, que se celebraba no Aguillón da Rúa.

 

 

Diante do pavillon municipal, partían ás 11:30 horas os 56 participantes na andaina, a primeira modalidade en tomar as saída. Media hora despois facíano os 57 corredores que participaban na carreira absoluta. O circuíto, de 6,5 km percorría boa parte da zona da Veiga, preto do río.

 

 

Os máis de 40 cativos inscritos nas diferentes carreiras de base, eran os últimos en saír, completando un circuíto máis reducido en función da idade.

 

 

Coma sempre, velando pola seguridade e orientación dos participantes, voluntarios de agrupacións de protección entre as que estaban as da Rúa, Petín e Manzaneda, ademias da Policía Local da Rúa.

Fotos e vídeos: O Sil e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button