CulturaCulturaFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

Xogos populares á beira do río

“O Paporrubio” achegou o mundo dos paxaros aos cativos dentro da programación infantil das festas

A ra ou a tarabela son algúns dos xogos populares e animados de temática agraria que na tarde do 11 de setembro chamaron a atención dos máis pequenos á beira do río Sil, ao seu paso polo Barco de Valdeorras.

Da man de “O Paporrubio”, e dentro da programación infantil das Festas do Cristo 2015, os nenos da vila disfrutaron dunha tarde de diversión, música e historias coas que puderon coñecer aos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. A través do Paporrubio, os monitores guiaron aos nenos por unha eira chea de xogos, con historias e aventuras coa pretensión de achegarlles a cultura agraria, ao tempo que se divertiron nun marco incomparable.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button