ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Xornada de Educación Viaria no campamento de verán, no Barco de Valdeorras

 

Na mañá deste venres 18 de agosto os cativos que asisten ao campamento de verán do Barco de Valdeorras nas instalacións do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, recibiron unha visita moi especial.

Durante varias horas e en quendas reducidas, dous membros da Policía Local do Barco, Fernando Lozano e Beatriz Delgado, compartiron cos pequenos prácticas sobre Educación Viaria.

 

 

Tal como explica Bea, os nenos xa teñen nocións porque a Policía Local leva impartindo clases nos colexios dende Infantil, pero hoxe os case 130 que asisten ao campamento neste mes de agosto, tiveron a oportunidade de poñer en práctica a teoría. “Todos somos usuarios da vía pública, tanto os peóns, como os coches, as bicis ou os patinetes, polo que trátase de que lles quede claro que hai unhas normas que cumprir para poder convivir”, di Bea, recoñecendo e os pequenos xa os coñecen e iso facilita o labor.

Así, sobre un completo circuíto, os pequenos ían pasando e seguindo as normas de circulación atentos tamén ás indicacións dos axentes, en bici, en kart e sobre todo en patinete.

En total, polo campamento de verán coordinado por Vagalume que estará ata o 31 de agosto, pasaron este ano uns 255 nenos.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button