CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de educación viaria no CEIP de O Bolo

Na actividade participaron os alumnos do centro bolés e tamén o do CEIP de Manzaneda

A do 8 de maio foi unha xornada diferente no CEIP de O Bolo, onde a Agrupación de Voluntario de Protección Civil de O Bolo organizou unha actividade de educación viaria para os cativos do centro bolés, na que tamén participaron os nenos e nenas do colexio de Manzaneda.

Nesta xornada colaborou Protección Civil de Manzaneda, o servizo de formación da DXT de Ourense, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros, contando asemade coa presenza de representantes do servizo provincial de Emerxencias así como do alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, en representación do Concello.

Os futuros condutores aprenderon e desfrutaron cos consellos teóricos e prácticos dos profesionais sobre a importancia de circular con precaución e seguridade, ben sexa como condutor dun vehículo, como peatón ou como usuario de bicicleta.

Fotos: Protección Civil de O Bolo e CEIP do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button