ConcellosÚltima hora

Xornada de familiarización na AECT Chaves-Verín

Estaba destinada a persoal de recepción dos hoteis da Eurocidade e celebrábase o 14 de novembro no marco do programa Chaves-Verín Hospitality
Participantes nesta xornada de familiarización para profesionais do turismo.
Participantes nesta xornada de familiarización para profesionais do turismo.

A Oficina de Turismo de Verín recibía na mañá do 14 novembro a visita dunha vintena de profesionais do turismo. Ademais de participaban nunha xornada de familiarización no destino asistían á presentación da “Guía de Servizos Hospitality”. O programa Chaves-Verín Hospitality ten como finalidade potenciar a oferta de servizos turísticos no destino e fomentar o networking entre as empresas turísticas e entidades locais (claves no desenvolvemento e deseño de produtos e servizos no ámbito do turismo).

No encontro, no que participaron sete establecementos hostaleiros de Chaves e dous de Verín, déronse a coñecer os atractivos turísticos do municipio de Verín, “desde plans de interese enogastronómico ata visitas ás adegas pasando por opcións de turismo deportivo que inclúen paseos en bicicleta pola Ecovía do Támega”, segundo se informa dende o Concello. Ademais co fin de achegar aos visitantes aos devanditos atractivos, realizáronse visitas ao centro histórico da vila e tamén a adegas da Denominación de Orixe Monterrei, ademais de facer en bicicleta un tramo da Ruta Termal e da Auga.

Asemade a xornada de traballo desenvolvida en Verín propuxo ao persoal de recepción dos hoteis da Eurocidade Chaves-Verín, en calidade de prescritores do destino, unha sesión de familiarizacion xunto coa presentación da oferta de servizos do destino.

Co programa Chaves-Verín Hospitality dase continuidade ás actividades que se están a desenvolver no territorio da Eurocidade desde o pasado mes de outubro e que botaban a andar coas “Executive Fam Meetings”, un programa de visitas e reunións destinado a revalorizar os recursos da zona e difundilos naqueles mercados potenciais de interese. Estes viaxes de familiarización teñen como obxectivo conseguir un maior acercamento ao destino turístico dos potenciais prescriptores, sendo ademais, un dos investimentos en promoción con maior retorno.

A AECT Chaves-Verín organiza esta iniciativa dentro do proxecto Eurorrexión Termal e da Auga, que está financiado pola Axencia de Turismo de Galicia e busca incentivar a comercialización deste destino a través das axencias de viaxe, así como mellorar os servizos turísticos en destino e diversificar a oferta existente, ademais de potenciar as relacións interterritoriais entre os dous municipios.

Artigos relacionados

Back to top button