Un ano máis os pescadores de Valdeorras preparan o río para comezar a tempada. Na mañá deste domingo 12 de marzo, unha semana antes do inicio, o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras organizaba unha recollida de plásticos no río Sil, unha das actividades que caracteriza a este colectivo “é un pequeno xesto por todo o que nos dá o río”, defenden.

Coma sempre, os voluntarios (entre os que tamén estaban os membros da SPFV) organizábanse en dous grupos. O primeiro deles saída dende as piscinas de Vilamartín de Valdeorras e outro dende a pasarela do Malecón no Barco, recollendo unha gran cantidade de lixo nesta soleada e calurosa mañá de domingo.

A galería de imaxes corresponde ao grupo que traballou na marxe do Sil ao seu paso por Vilamartín.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo cedido: https://youtube.com/shorts/bGGQDFiDjjU?feature=share