A convocatoria é para mañá ás 16h. no embarcadoiro de Os Chancis, Sober
Navegar polo río Sil axudando a mantelo limpo na “2ª xornada de pesca do peixe lixo”. Esa é a proposta que fan dende Turismo en La Ribeira Sacra para a tarde de mañá domingo 3 de agosto.
Para iso a partires das 16h. dende o embarcadoiro de Os Chancís en Sober, “poremos de forma gratuíta, a disposición do público tódolas nosas embarcacións (Kayaks, barcos…) para proceder á limpeza do encoro de Santo Estevo de todo tipo de lixo”.
Tal como explican dende a empresa o ano pasado, unhas 60 persoas atendían a súa chamada, esperando que nesta ocasión o tempo acompañe e asista moita xente. As inscricións poden facerse chamando ao 627777540.