DeportesÚltima hora

Xornada de patinaxe artística este sábado en Ourense

Preto de 60 patinadores participarán no evento deportivo que mestura competición e exhibición
Manuel Seguín, Nuria Rives, Rosendo Fernández e Bernardino González, na presentación.
Manuel Seguín, Nuria Rives, Rosendo Fernández e Bernardino González, na presentación.

Competición e exhibición. Son as dúas modalidade de patinase artístico que se desenvolerán na xornada que se celebra mañá, sábado 19 de novembro en Ourense. Pola mañá celebrarase a Copa Deputación de Ourense no Pavillón do Campus Universitario, onde competirán os patinadores da provincia de Ourense desde as 10.30 ata as 13.30 horas. Pola tarde, no Pazo dos Deportes Paco Paz, terá lugar a gala de campións galegos de patinaxe artística, na que os mellores patinadores galegos a nivel nacional e internacional realizarán unha exhibición.

A presentación desta celebración deportiva tiña lugar na mañá do 17 de novemebro no Pazo Provincial, nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o coordinador da Asociación Xuvenil Amencer, Manuel Segui; e a presidenta do Club Deportivo Ourela, Nuria Rives. Rives explicou que a Copa Deputación de Ourense será unha competición na que participarán nenos e nenas dos dous clubs da provincia de Ourense: o Club Fénix e o Club Deportivo Ourela. Os rapaces competirán en todos os niveis e haberá tres xuíces da Federación Galega. Na xornada da tarde, participarán os campións galegos a nivel internacional e nacional nunha gala de exhibición “por categorías de libres, parellas e grupos. Os patinadores da modalidade de Figuras Obrigatorias, por cuestións técnicas estarán na gala pero non patinarán”, engadiu a presidenta do Club Deportivo Ourela. En total espérase a participación de preto de 60 patinadores.

Artigos relacionados

Back to top button