CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Xornada de portas abertas en Calabagueiros este domingo para ver o partido CD Barco-CD Moaña

O encontro será o 28 de abril ás 18 horas

Afección do CD Barco na bancada de Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Quedan catro partidos para rematar a liga na preferente Galicia, dous deles na casa, por iso o Centro de Deportes Barco quere volver encher o campo municipal de Calabagueiros.

Para o anterior partido en casa, contra o Atlético Arnoia (2-1), repartían 5.000 entradas entre os nenos e os pais de Vadeorras e comarcas limítrofes e nesta ocasión farán unha xornada de portas abertas, convidando a toda a sociedade valdeorresa para seguir celebrando o 50 aniversario.

A cita será este domingo 28 de abril ás 18 horas para ver o partido da xornada 31 entre o CD Barco e o CD Moaña, con hamburguesas á grella gratis para todos os asistentes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button