As diferentes cuestións que unha empresa debe ter en conta á hora de acceder con éxito ao mercado exterior, así como os controis que debe superar para poder comercializar en distintos países poñíanse sobre a mesa no decurso dunha xornada especial dentro do curso sobre comercio internacional que organiza a Confederación Empresarial de Ourense (CEO.
A presentación desta acción formativa corría a cargo de José Manuel Barreiros, vicepresidente da CEO. Na xornada tomaban a palabra Cristóbal Domínguez, do departamento exterior de Coren; Alberto López Gómez, responsable da área fiscal de Estrella Galicia, así como representantes da área internacional de Adolfo Domínguez e Cuevas. Todos eles animaban a apostar por dar o salto aos mercados internacionais, aínda que coas debidas precaucións e coñecendo previamente os riscos a asumir.
Esta acción formativa, que están seguindo emrpesarios e executivos interesados na saída ao exterior, conta con apoio da Deputación a través do programa ExportOU e coa colaboración de Forgal.