OurenseÚltima hora

Xornada informativa sobre a tramitación administrativa dos servizos de taxi

Publicidade
A nova normativa unifica a tramitación administrativa que debe realizarse na plataforma informática Rtaxi https://rtaxi.xunta.es para obter os títulos (licenzas municipais e autorizacións autonómicas) que permiten prestar servizos de taxi

 

Imaxe da xornada informativa celebrada en Ourense.

 

Na mañá do 10 de decembro tiña lugar en Ourense unha xornada informativa dirixida a alcaldes e técnicos municipais da provincia para explicarlles o contido do Regulamento da Lei de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia. A nova normativa unifica a tramitación administrativa que debe realizarse na plataforma informática Rtaxi https://rtaxi.xunta.es para obter os títulos (licenzas municipais e autorizacións autonómicas) que permiten prestar servizos de taxi.

O regulamento ofrece unha simplificación administrativa e unha maior seguridade xurídica aos profesionais do taxi, respondendo a unha reivindicación dun sector no que interveñen tanto a Xunta como os concellos. Desa forma, o beneficiario fará unha única solicitude ante unha plataforma electrónica, ante o concello, que produce automaticamente o inicio do expediente municipal e do autonómico e deberán concluír na emisión das dúas resolucións, garantindo a coherencia entre elas.

 

Artigos relacionados

Back to top button