A Estación de Montaña Manzaneda acollerá o vindeiro sábado, 26 de outubro, un evento especial dedicado á Marcha Nórdica, que contará cun open en horario de mañá para adultos (categorías absoluta e veteranos A (40-49 anos), B (50-59), C (60-69) e D (70-79) e cunha xuntanza infantil e xuvenil pola tarde.
O obxectivo deste evento é “promover e difundir a práctica da Marcha Nórdica, unha actividade en auxe que combina exercicio físico e contacto coa natureza”, aseguran dende a Estación, indicando que as familias están especialmente convidadas a asistir tanto ás actividades da mañá como ás da tarde, para que “os máis pequenos poidan animar aos adultos e viceversa, creando un ambiente de apoio e participación mutua”.
Ademais, tanto os competidores como os seus acompañantes poderán gozar dunha serie de actividades recreativas como piscina climatizada, parque multiaventura, tirolesa e escalada no rocódromo, creando “un día completo de deporte e diversión para toda a familia”. As inscricións son gratuítas e estarán abertas ata o 22 de outubro ás 20 horas. Pódese realizar a través da seguinte ligazón: Formulario de inscrición.
A Estación de Montaña de Manzaneda ofrece tarifas especiais para os participantes do evento, con diferentes opcións de apartamentos adaptadas a grupos familiares ou de amigos, animando a participar na que será “unha xornada de aprendizaxe, competición e diversión nun das contornas naturais máis privilexiados de Galicia”.
Detalles da prueba de Marcha Nórdica
Horario do open de adultos:
– Recepción e entrega de dorsais: 10:30h.
– Charla técnica: 11:15h.
– Proba: 11:45h-13:30h.
– Entrega de premios e regalos: 14h.
Horario da xuntanza infantil e xuvenil:
– Recepción e entrega de dorsais: 16h.
– Directrices de Marcha Nórdica: 16:30h
– Comezo da proba: 17:30h.
– Entrega de premios e regalos: 19h.