OurenseÚltima hora

Xornada Micolóxica en Josefinas Ourense

O alumnado de Infantil e Primaria celebrou unha exposición de cogomelos no colexio organizada por Conchi Zúñiga, profesora e micóloga

Publicidade

 

Na mañá deste luns 21 de novembro o alumnado de Infantil e Primaria de Josefinas Ourense gozaron rodeados de cogomelos. O obxectivo principal era “mostrar a gran diversidade de cogomelos que podemos atopar nos bosques da nosa contorna próxima así como a importancia de respectar o medio ambiente, dar a coñecer o aproveitamento sostible que se pode obter dos cogomelos, e a súa gran función que realizan nos nosos bosques”, din dende o centro.

 

 

Para iso, expuxéronse ao redor de 50 exemplares de diferentes tamaños, cores, cheiros e sabores, entre eles un Langermannia gigantea, cun peso de 1.5gr., a temible Amanita phalloides, o saboroso Boletus edulis, varios tipos de Craterellus, Russulas, Lactarius deliciosus, Ramarias que semellan corais e ata algunhas como Pseudohydnum gelatinosum, que como o seu nome indica ten un textura e aparencia similar á xelatina, e outras que cheiraban moi mal como é o caso de Clathrus archeri e “ata nos visitou a preciosa Amanita muscaria que adoita adornar os nosos contos”.

 

 

Nesta mañá onde os cogomelos foron as grandes protagonistas da xornada, o alumnado descubriu curiosidades moi interesantes grazas aos coñecementos da profesora e micóloga Conchi Zúñiga.

Artigos relacionados

Back to top button