EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Xornada sobre a “Axenda de impulso da minaría sustentable 2030”, en Ourense

O sector mineiro é un dos considerados estratéxicos no marco da nova Lei de recursos naturais co obxectivo de favorecer o seu desenvolvemento

 

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ourense, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, nunha xornada informativa sobre a “Axenda de impulso da minaría sustentable 2030”.

Na súa intervención, trasladou o apoio da Xunta a aposta que o sector da minaría está facendo pola innovación, a modernización tecnolóxica e a sustentabilidade. Un sector referente pois Galicia representa o 8,2% da produción mineira de España con 246,4M€ e sitúase como a cuarta comunidade en valor de produción e empregos, ademais de líder nacional na produción de lousa, granito, cuarzo e rochas ornamentais, segundo destacaba.

 

 

Así mesmo, Conde explicaba que a “Axenda de impulso da minaría sustentable 2030” é unha folla de ruta “que se adapta aos novos tempos e obxectivos do sector. Así, céntrase en impulsar a modernización e crecemento sustentable da minaría que vai actuar como provedor de minerais estratéxicos para a dixitalización; pero tamén na innovación tecnolóxica e o talento; así como en fomentar a integración ambiental da minaría, a economía circular e a posta en valor do patrimonio mineiro”.

Segundo asegurou, a minaría ten un “futuro prometedor vinculado á transformación do modelo enerxético” e, por iso, preténdese facer deste sector un aliado para a modernización das principais cadeas de valor da industria galega. Neste sentido, lembrou que o mineiro é un dos sectores estratéxicos incluídos na futura Lei de recursos naturais que se está tramitando, co obxectivo de aproveitar as oportunidades que poidan xurdir para o desenvolvemento de proxectos mineiros.

Artigos relacionados

Back to top button