EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre emprendedoras no sector rural, o venres 15 de xullo na Rúa

Será na sala multiusos do Centro Cultural Avenida de 16:30 a 21:30 horas

 

 

O vindeiro venres 15 de xullo a sala multiusos (primeiro andar) do Centro Cultural Avenida da Rúa, acollerá  unha xornada dinámica e divertida da man de Noelia Rodríguez sobre emprendedoras no sector rural.

Baixo o título ‘Emprender no rural: unha aposta polo empoderamento das mulleres’, trátase dunha interesante actividade para impulsar o papel das mulleres no desenvolvemento do medio rural. Será de balde, integramente financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e desenvolverase en horario de 16:30 a 21:30 horas.

Información e inscricións no Concello da Rúa (643 958 844).

Artigos relacionados

Back to top button