
Ao longo da mañá deste venres 18 de xaneiro o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia celebraba unha xornada técnica no Hotel Xinzo da vila. O programa comezaba cunha charla sobre a “calibración e inspección de equipos de tratamentos fitosanitarios en cultivos. Beneficios para o consumidor final”, a cargo de Javier Tubio, formador de directores e inspectores de ITEAF.
A continuación tiña lugar unha mesa redonda moderada polo propio presidente da IXP, Guillermo Budiño, sobre o uso e almacenamento de abonos, lexislación e boas prácticas. Posteriormente o programa incluía unha degustación de pratos coa pataca como ingrediente protagonista.
A clausutra das xornadas tiña lugar pola tarde coa presenza do director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez Vázquez[/dropcap].
