DeportesÚltima hora

Xornada valdeorresa de promoción do atletismo “Xogade”, no Barco

 

Coas probas de salto de lonxitude alevín e salto de altura infantil abríase ás 16:45h. o programa da xornada de promoción do atletismo ao aire libre Xogade Valdeorras, nas pistas de Calabagueiros no Barco. Nesta actividade están inscritos atletas das categorías bases de Valdeorras e tamén das Terras de Trives.

 

 

O programa deportivo (no que participan as categorías alevín, benxamín, infantil) incluía carreiras de diversas distancias, así como probas de lanzamento de xavelina ou pelota. Cada un dos atletas participantes nesta xornada de promoción podía participar nun máximo de tres probas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button