A Oficina de Fomento Cooperativo do Macizo Central-Trevinca desenvolverá no mes de novembro unha serie de actividades en catro concellos do oriente ourensán: Manzaneda, A Veiga, Viana e O Bolo.
Así, no caso de Manzaneda están programadas para o día 2 as xornadas de “Fomento do cooperativismo: micoloxía” e os días 7 e 8 de novembro haberá unha acción de fomento do cooperativismo ligada ao aproveitamento forestal, e o día 11 outra sobre o “Réxime cooperativo no sector primario”.
No Bolo levarase a cabo unha acción o día 10 sobre “Cooperativismo en Arzúa”, mentres que na Veiga celebraranse as seguintes xornadas: o día 4 de novembro a de “Cooperativismo e aproveitamento forestal”, o 8 de novembro outra sobre “Fomento do cooperativismo: micoloxía” e ademais ao longo deste mes tamén haberá un acto sobre “A cooperativa como fórmula de éxito (Apicultura)”.
Asemade en Viana do Bolo realizarase o 3 de novembro a xornada “Cooperativismo na castaña” e os días 5 e 6 deste mesmo mes outra sobre “A cooperativa como fórmula de éxito (apicultura)”
As persoas interesadas en participar poderán realizar a sua inscrición ou ampliar información chamando aos teléfonos dos catro concellos citados ou ben a través do enderezo electrónico cooperativismo.macizoc_trevinca@yahoo.es.