CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xornadas de Educación Viaria no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Entre hoxe, luns 11 de marzo e o mércores día 13 todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras desfrutará dunhas Xornadas de Educación Viaria grazas á colaboración da Garda Civil de Tráfico e máis de Protección Civil.

 

 

Tal como explican dende o centro, as actividades divídense en tres partes: a primeira consiste nunha charla no Salón de Actos onde os alumnos aprenden as normas básicas e as obrigas e dereitos que teñen coma peóns ou ciclistas.

 

 

A segunda desenvólverse no pavillón do colexio onde Protección Civil instalou un circuíto no que poñer en práctica o aprendido. “O alumnado trouxo patíns, bicicletas ou patinetes, co seu casco regulamentario”, puntualizan dende o colexio.

A terceira parte é unha exhibición de medios da Garda Civil.

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Artigos relacionados

Back to top button