Co obxectivo de achegar a música e o baile tradicional a un maior número de persoas, a Asociación Cultural Abertal organiza este ano dúas xornadas de portas abertas para nenos e tamén adultos que desexen probar algunha ou varias das disciplinas que imparten na escola, na Casa da Cultura da Rúa.
O venres 13 de setembro poderán ter unha primeira toma de contacto con baile, pandeireta e acordeón. De 18 a 19 horas os nenso e de 20 a 21 horas os adultos; e o venres 20 de setembro de gaita e percusión nos mesmos horarios.