Ao longo de toda a semana, do 6 ao 9 de outubro, celebráronse na Casa da Cultura de Xinzo, as Xornadas de Terapias Alternativas organizadas pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, subvencionada pola Deputación de Ourense e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.
Nelas, participaron poñentes de diferentes disciplinas alternativas de saúde que cada vez están tendo máis auxe, como o psiconeuroinmunólogo Carlos A. Martí que falou da “Osteopatía e o exercicio físico” ou o psicólogo Cándido Cid que impartíu unha charla sobre “Medicina física cuántica. Biorresonancia”.
As xornadas incluíron asemade diferentes obradoiros: de naturopatía, de relaxación e de acupuntura, todos a cargo de Maite Caramés; de exercicio funcional e saúde, impartido por Carlos A. Martí; e de neurifisioloxía, a cargo de Enma Prieto, médico hipocrático e psicoterapeuta.
O programa clausurábase cunha degustación de alimentos de paleodieta.