CulturaCulturaÚltima hora

Xornada sobre fotografía en Ourense

O encontro, organizado pola asociación Fotosíntese centrouse na “fotografía e percepción visual”
Asistentes ás xornadas de fotografía.
Asistentes ás xornadas de fotografía.

O dia 6 de decembro en plena ponte da Constitución, a Asociación Fotográfica Fotosíntese de Ourense (promotora da exposición “Entre a auga e a pedra” incluída no Outono Fotográfico 2014) realizou unha xornada sobre “Fotografía e percepción visual” impartida polo poñente David Mella, en colaboración coa agrupación lalinense Chíscalle.

Tal como cinforman dende a asociación, ao acto asistiron diversos afeccionados á fotografía de Ourense e Chantada (Lugo) contando asemade coa presenza de Jose Miguel Barros, autor do blog Rubixephoto e gañador dos premios Bitácoras 2014 ao mellor blog de fotografía.

Artigos relacionados

Back to top button