ConcellosÚltima hora

Xornadas “Trevinca: unha viaxe á orixe”, os días 29 e 30 de outubro en Casaio

A iniciativa nace froito da colaboración de Eco dos Teixos (Casaio) con Terras Altas de Trevinca (A Veiga)

 

Os días 29 e 30 de outubro desenvolveranse en Casaio (Carballeda de Valdeorras) as xornadas “Trevinca: unha viaxe á orixe”, que nace froito da colaboración de Eco dos Teixos (Casaio) con Terras Altas de Trevinca (A Veiga).

O programa incluirá o sábado 29 unha ruta guiada por Terras Altas de Trevinca ata a cima, descubrindo importantes aspectos do glaciarismo e da natureza da montaña. Ese mesmo día ás 19:00, Christian Barrio presentará un libro sobre a historia do seu avó: “José Barrio, el último guarda de la mina de Valborraz”. Ás 21:00 terá lugar a cea e Magosto popular na praza da aldea, organizada pola asociación de Mulleres de Casaio.

Para o domingo 30, será o turno dos guías locais de Eco dos Teixos, quen levarán a descobrir un dos bosques máis míticos e antigos de Galicia, o Teixadal de Casaio.

 

 

Outono cultural en Eco dos Teixos

Eco dos Teixos comezaba o mes cunha formación chamada Visually pertencente ó programa Erasmus + recibindo a profesionais de 10 países que se estiveron formando en aspectos relacionados co deseño e a presentación visual. Posteriormente realizáronse as xornadas “Renaturalízate”, onde as persoas participantes puideron realizar Ioga, obradoiros e actividades relacionadas coa natureza, desconexión e crecemento persoal.

Durante a pasada fin de semana, levouse a cabo o I Econtro de Autocuidado para profesionais da educación social, no que participaron educadoras de varios puntos de España, traballando técnicas para a prevención do Burn out, a través de mindfulness, arteterapia e talleres de xestión da ansiedade, autoesixencia e planificación do tempo.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button