OurenseSen categorizarÚltima hora

A Xunta dá luz verde á colaboración para crear a estación intermodal

O Concello de Ourense deberá ceder de balde os terreos da súa titularidade para a creación da estación de buses
A previsión é que Ourense  conte coa nova estación intermodal en 2018.
A previsión é que Ourense conte coa nova estación intermodal en 2018.

O Consello da Xunta vén de dar luz verde a un convenio marco de colaboración entre Fomento, a Xunta, o Concello de Ourense e a entidade pública Adif-Alta Velocidade co obxectivo de levar a cabo a construcción da nova estación de autobuses da cidade das Burgas. O fin é por en funcionamento un nó de intercambio modal coa estación ferrivoiaria e outros medios de transporte.

Así o anunciaba esta mañá, 19 de maio, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que xa avanzou una primeira data para o seguinte paso no proxecto. O mes de xullo. “Esta é a nosa proposta e esperamos e desexamos que o resto das administración cumpran o seu calendario”.

O máximo mandatario do goberno galego detallou que, conforme ao convenio aprobado, será a Xunta a que teña que obter os solos necesarios para esta nova infraestrutura. Para iso, avanzou que o Concello de Ourense deberá emprender as modificacións precisas no planeamento urbanístico.

Por outra banda, a colaboración do Ministerio de Fomento farase efectiva a través da tramitación do Estudo Informativo da Estación Intermodal. E en canto ao papel de Adif, este encargarase da redacción dos proxectos, a súa execución e o financiamento das obras de adaptación da estación de tren.

O titular da Xunta tamén aclarou que a empresa pública será a encargada de transmitir á Administración galega os terreos e edificacións da súa titularidade, necesarios para a execución da nova estación de autobuses e do aparcamento subterráneo, que financiará nun 33%.

Tamén o Concello deberá ceder terreos para este proxecto. Así, Feijóo sinalou que o goberno local terá que outorgar a Fomento, Adif e á Xunta os terreos da súa titularidade para a construcción da estación de buses, e de balde, así como emprender as actuacións para a mellora nos semáforos e outras reorganizacións do transporte urbano.

As previsións do goberno autonómico é que a estación intermodal de Ourense estea lista no ano 2018.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button