OurenseÚltima hora

A Xunta inicia a tramitación do proxecto da Estación Intermodal

Estación de Ourense.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou hoxe, 5 de maio, o expediente para a tramitación urbanística do proxecto conxunto da estación intermodal de Ourense. Conforme o acordo pechado o pasado martes en Madrid entre a conselleira Ethel Vázquez, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Infraestruturas do Ministeiro de Fomento, Manuel Niño, a Xunta tramitará o proxecto desta infraestrutura a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

A estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses integrada na terminal ferroviaria, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Construirase, ademais un aparcadoiro subterráneo con dúas plantas e máis de 300 prazas, infornam dende a Xunta.

Ao tratarse dunha infraestrutura non recollida nas normas urbanísticas en vigor actualmente en Ourense, a alternativa máis eficaz é a tramitción a través da dita lei para acadar así o amparo urbnanístico e a seguridade xurídica nun prazo razoable.

Esa norma, aprobada pola Xunta o pasado ano, está destinada a facilitar a execución de actuacións estratéxicas que non estean recollidas nas normas urbanísticas. De acordo coa norma, a Xunta remitiralle o vindeiro luns o proxecto ao Concello de Ourense para que o someta a información pública durante un período de 20 días e, a continuación, emita o preceptivo informe municipal.

A tramitación mediante esta norma fará posible que a estación intermodal de Ourense conte nun prazo razoable co amparo urbanístico e a seguridade xurídica necesaria para iniciar a contratación das obras dos diferentes elementos que a compoñen. En concreto, a Xunta financiará o 100% da nova estación de autobuses e case o 70% do aparcadoiro subterráneo.

O inicio da tramitación urbanística conxunta da estación intermodal de Ourense supón dar un salto adiante de importancia no impulso desta infraestrutura estratéxica, situándose nun estado de tramitación similar ao das estacións intermodais de Vigo e Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button